Fill@s e maestr@s

Rango de precios: desde 18,00 € hasta 50,00 € IVA Incluido

Experiencias creativas e de benestar para vivir en familia e compartir tempo de calidade. Trátanse os temas de: creatividade, consciencia, benestar,  xestión emocional… a través da integración de dinámicas de mindfulness e artes expresivas con facilitadoras acreditadas. Segundo sábado de cada mes en Bertamiráns, Ames.

Precio para unidad familiar de 3 personas  (1 persoa adulta e dous menores, ou dous adultos e un menor)

*Persoa a maiores +5€

SKU: N/D Categoría:

Fill@s e maestros é un programa de experiencias creativas e de benestar dirixidas a familias.

Consiste en vivir experiencias para compartir tempo de calidade en familia e con outras familias. Serán os segundos sábados de mes polas tardes, de 18.00 h a 19.00 h en Bertamiráns.

Os PREZOS son:

18.00€ por día e por unidade familiar de ata 3 persoas (1 persoa adulta e dous menores, ou dous menores e unha adulta). Por persoa a maiores das 3, serían 5€ por día.

DESCONTO COMPRANDO ANTES Do 31/10/2025: 15,00€ por unidade familiar de ata tres membros. E tamén cos BONOS XEA (de 50€ pagas 40€)

As actividades irán variando cada mes, podendo ser en espazo interior/ exterior dependendo do tempo que faga. E contémplase a posibilidade de ir facendo noutros lugares exteriores en función da demanda das persoas asistentes.

As experiencias consisten na integración de técnicas de mindfulness e das artes expresivas:

1 – Introdución explicativa e presentación.
2- Traballo con artes plásticas (arxila, pasta de modelar, pinturas e teas…).
3 – Dinámicas de relaxación con palabras e movementos, meditación, contos a través de narracións conscientes, xogos…
4- Peche grupal para compartir.

Temas a traballar: creatividade, consciencia, benestar, xestión emocional

(+ info. sobre cada experiencia seguindo as ligazóns) 

Novembro. 8/11/2025  –  Samaín e Festa de Defuntos. Abrazamos os que xa non están con nós…

Decembro. 13/12/2025 –  Yule e Nadal. Abrazamos o inverno…

Decembro. 30/12/2025 – Abrazamos o ano novo… coas nosas mellores intencións e desexos.

Conectando familias… #Latexosenfamilia

FACILITADORAS:

Minia, responsable da empresa organizadora da actividade e nai de Mateo, o  meu maestro: quen me levou a iniciar este camiño de experiencias para FAMILIAS hai 7 anos. Podes saber máis sobre min en Linked In. Estou certificada en mindfulness e artes expresivas na natureza con Máster en “Consciencia y Ser”.

Paula, nai de Gael e de Éber, meus maestros. Son a facilitadora principal das actividades. Estou Licenciada en Belas Artes e acreditada en arteterapia e terapia de xogos. Dedícome a facilitar actividades de ocio e tempo libre coa base terapéutica das terapias naturais.

Agora mesmo XEA ten os Bonos de 50€ cos que pagas 40€ e regálanse 10€. Nós formamos parte dos establecementos asociados, polo que, se poderían mercar estes bonos para as nosas actividades.

 

Número de días

1 día, 2 días, 3 días

Persona a mayores

No, 1 persona

Scroll al inicio
Ir al contenido