

Conectando familias… #Latexosenfamilia
«Meu fill@, meu maestr@»:
Trátase dunha experiencia para vivir e compartir tempo de calidade en familia e con outras familias. Cada segundo sábado de mes polas tardes, de 18.00 h a 19.00 h.
13/12/2025 – Abrazamos o inverno…
Falaremos brevemente da época do ano na que estamos en relación á roda celta: deixamos atrás o Samaín e damos a benvida ao YULE (solsticio de inverno 21/12).
Crearemos unhas COROAS DE NADAL moi especiais: cos desexos para o 2026!
En relación a esta festividade propoñemos crear unhas figuras protectoras con arxila que serán os nosos amuletos e pasar esta época do ano (levarémolas para a casa). A continuación faremos unha ofrenda aos espíritos da natureza para pedirlles axuda…
E pecharemos con música e danza!
As actividades consiste na integración de técnicas de mindfulness e artes expresivas.
1 – Introdución explicativa e presentación.
2- Traballo con artes plásticas (arxila, pasta de modelar, pinturas e teas…).
3 – Dinámicas de relaxación con palabras e movementos, meditación, contos a través de narracións conscientes, xogos…
4- Peche grupal.
FACILITADORAS:
Paula Piñeiro Calvelo (PICAPAU): licenciada en Belas Artes e acreditada en Arteterapia e Terapia de xogos.
Minia Del Río Arca, acreditada en Mindfulness e Artes Expresivas.
Agardámoste o sábado 11 de outubro en: Rúa Pedregal, 4 – Bertamiráns (Oficina de XEA).
Compartimos imaxes de experiencias que xa temos realizado para familias…
#ConectandoFAMILIAS #LatexosenFAMILIA!
Solicita máis información sen compromiso… 617421276 / minia@latexosdeturismo.com
13/12/2025 – Abrazamos o inverno…
Falaremos brevemente da época do ano na que estamos en relación á roda celta: deixamos atrás o Samaín e damos a benvida ao Yule (solsticio de inverno 21/12).
En relación a esta festividade propoñemos crear unhas figuras protectoras con arxila que serán os nosos amuletos e pasar esta época do ano (levarémolas para a casa). A continuación faremos unha ofrenda aos espíritos da natureza para pedirlles axuda…
Crearemos unhas coroas de Nadal moi especiais: cos desexos para o 2026! E pecharemos con música e danza!