

Conectando familias… #Latexosenfamilia
«Fill@s e Maestr@s»:
Trátase dunha experiencia para vivir e compartir tempo de calidade en familia e con outras familias. Cada segundo sábado de mes polas tardes, de 18.00 h a 19.00 h.
Martes 30/12/2025 – Abrazamos o novo ano…
Creamos bolsas (a escoller entre varios tipos) ou caixiñas personalizadas plasmando as nosas mellores intencións para o ano novo a través da pintura de decoración.
Escribiremos nus papeis os desexos para o ano 2026.
Estas bolsas/caixas son para ti, ou para regalar no Día de Reis!
E pecharemos con música e danza!
As actividades consiste na integración de técnicas de mindfulness e artes expresivas.
1 – Introdución explicativa e presentación.
2- Traballo con artes plásticas (arxila, pasta de modelar, pinturas e teas…).
3 – Dinámicas de relaxación con palabras e movementos, meditación, contos a través de narracións conscientes, xogos…
4- Peche grupal.
FACILITADORAS:
Paula Piñeiro Calvelo (PICAPAU): licenciada en Belas Artes e acreditada en Arteterapia e Terapia de xogos.
Minia Del Río Arca, acreditada en Mindfulness e Artes Expresivas.
Agardámoste en: Rúa Pedregal, 4 – Bertamiráns (Oficina de XEA).
Compartimos imaxes de experiencias que xa temos realizado para familias…
#ConectandoFAMILIAS #LatexosenFAMILIA!
Solicita máis información sen compromiso… 617421276 (Minia) / (Paula) 619 54 75 37 hola@latexosdeturismo.com