Programa en Ames Radio de «Turismo e SER»

Resumen

Espazo mensual de radio no que falar dunha nova maneira de facer turismo... abrindo a mente e sentindo dende o corazón con propostas de actividades de mindfunless e artes expresivas para tódolos públicos que non requiren coñecementos previos de ningún tipo.

Novo espazo mensual para falar de «Turismo e SER»

O obxectivo é achegar á cidadanía unha nova maneira de facer turismo

Trátase de sumar “benestar” á práctica que facemos habitualmente de descubrir un sitio a través de información turística: cultural, de recursos naturais, personaxes……

Nós propoñemos actividades que aportan benestar ás persoas que visitan ese sitio. Como? A través de dinámicas de mindfulness e artes expresivas.

Soamente pedimos dous requisitos: facer a visita con esta intención de recibir, abrindo a mente para mirar dende o corazón, como me gusta dicir a min; e realizar as propostas que nós indicamos no programa…

O programa vai ter dúas partes: na primeira faremos as explicacións oportunas, e na segunda parte, propoñeremos a práctica para facer nos lugares dos que falemos.

As nosas propostas serán para tódolos públicos, sinxelas que non requiren ter coñecementos previos, e de maneira que, as persoas poidan descargar o podcast do programa de Ames Radio e de maneira libre e autónoma levar a cabo as experiencias.

Así, visitaremos lugares de Ames e do resto de Galicia para descubrir con esta nova mirada… sitios turísticos coñecidos no Camiño de Santiago ou na Ruta Rosaliana, por exemplo. Pero tamén doutros lugares máxicos que hai no territorio do concello de Ames… pouco ou nada coñecidos… que descubriremos, para ti…

Agardámosvos no programa mensual de Ames Radio, Turismo e SER, de Minia Del Río.

Crearemos un apartado na nosa web, e mentres tanto podes escoitar os podcast nas seguintes ligazóns:

Deja un comentario

Scroll al inicio
Ir al contenido