Experiencias creativas e de benestar… en familia

Resumen

Organizamos estas experiencias para dar resposta a necesidades actuais como son as de: compartir tempo coas nosas fillas e os nosos fillos; poder falar e comentar inquietudes con outras nais/pais; ofrecer unha actividade de benestar e de lecer saudable para realizar nas fins de semana. Actividades de mindfulness e artes expresivas.

Fill@s e maestros é un programa de experiencias creativas e de benestar dirixidas a familias.

Consiste en vivir experiencias para compartir tempo de calidade en familia e con outras familias. Serán os segundos sábados de mes polas tardes, de 18.00 h a 19.00 h en Bertamiráns. Lugar: Rúa Pedregal, 4 – Bertamiráns (Oficina de XEA).

As experiencias consisten na integración de técnicas de mindfulness e das artes expresivas:

1 – Introdución explicativa e presentación.
2- Traballo con artes plásticas (arxila, pasta de modelar, pinturas e teas…).
3 – Dinámicas de relaxación con palabras e movementos, meditación, contos a través de narracións conscientes, xogos…
4- Peche grupal para compartir.

Temas a traballar: creatividade, consciencia, benestar, xestión emocional

(+ info. sobre cada experiencia seguindo as ligazóns) 

Novembro. 8/11/2025  –  Samaín e Festa de Defuntos. Abrazamos os que xa non están con nós…

Decembro. 13/12/2025 –  Yule e Nadal. Abrazamos o inverno…

Decembro. 30/12/2025 – Abrazamos o ano novo… coas nosas mellores intencións e desexos.

Conectando familias… #Latexosenfamilia

Os PREZOS son:

18.00€ por día e por unidade familiar de ata 3 persoas (1 persoa adulta e dous menores, ou dous menores e unha adulta). Por persoa a maiores das 3, serían 5€ por día.

DESCONTO COMPRANDO ANTES Do 31/10/2025: 15,00€ por unidade familiar de ata tres membros. E tamén cos BONOS XEA* (de 50€ pagas 40€)

+ info: 617 42 1276 – Minia / 619 54 75 37 – Paula / hola@latexosdeturismo.com

FACILITADORAS:

Minia, responsable da empresa organizadora da actividade e nai de Mateo, o  meu maestro: quen me levou a iniciar este camiño de experiencias para FAMILIAS hai 7 anos. Podes saber máis sobre min en Linked In e na miña web. Estou certificada en mindfulness e artes expresivas na natureza con Máster en “Consciencia y Ser”.

Paula, nai de Gael e de Éber, meus maestros. Son a facilitadora principal das actividades. Estou Licenciada en Belas Artes e acreditada en arteterapia e terapia de xogos. Dedícome a facilitar actividades de ocio e tempo libre coa base terapéutica das terapias naturais.

Agora mesmo XEA ten os Bonos de 50€ cos que pagas 40€ e regálanse 10€. Nós formamos parte dos establecementos asociados, polo que, se poderían mercar estes bonos para as nosas actividades. Dispoñibles ata o 15/10/2025 (ou agotarse).

fillosemaestros

Deja un comentario

Scroll al inicio
Ir al contenido