

Conectando familias… #Latexosenfamilia
«Meu fill@, meu maestr@»:
Trátase dunha experiencia para vivir e compartir tempo de calidade en familia e con outras familias. Cada segundo sábado de mes polas tardes, de 18.00 h a 19.00 h.
As actividades consiste na integración de técnicas de mindfulness e artes expresivas.
1 – Introdución explicativa e presentación.
2- Traballo con artes plásticas (arxila, pasta de modelar, pinturas e teas…).
3 – Dinámicas de relaxación con palabras e movementos, meditación, contos a través de narracións conscientes, xogos…
4- Peche grupal.
Abrazamos os que xa non están con nós…
Falaremos do Samaín, da Festa de Defuntos e da familia, do importante de celebrar e de honrar aos nosos ancestros… de onde vimos.. Pintaremos unha máscara celta e poñeremos música acorde para falar, bailar, cantar… e celebrar. Remataremos cunha ofrenda para as persoas da familia que xa non están e con danza grupal.
Facilitadoras:
Paula Piñeiro Calvelo (PICAPAU): licenciada en Belas Artes e acreditada en Arteterapia e Terapia de xogos.
Minia Del Río Arca, acreditada en Mindfulness e Artes Expresivas.
Agardámoste o sábado 11 de outubro en: Rúa Pedregal, 4 – Bertamiráns (Oficina de XEA).
Compartimos imaxes de experiencias que xa temos realizado para familias…
#ConectandoFAMILIAS #LatexosenFAMILIA!
Solicita máis información sen compromiso… 617421276 / minia@latexosdeturismo.com