

Conectando familias… #Latexosenfamilia
O sábado 11 de outubro facemos unha xornada de Portas Abertas para presentar o programa «Meu fill@, meu maestr@»:
Trátase dunha experiencia para vivir e compartir tempo de calidade en familia e con outras familias. Cada segundo sábado de mes polas tardes, de 18.00 h a 19.00 h.
As actividades irán variando cada mes, podendo ser en espazo interior, exterior, ou interior e exterior dependendo do tempo que faga.
As actividades consiste na integración de técnicas de mindfulness e artes expresivas.
1 – Introdución explicativa e presentación.
2- Traballo con artes plásticas (arxila, pasta de modelar, pinturas e teas…).
3 – Dinámicas de relaxación con palabras e movementos, meditación, contos a través de narracións conscientes, xogos…
4- Peche grupal.
Facilitadoras:
Paula Piñeiro Calvelo (PICAPAU): licenciada en Belas Artes e acreditada en Arteterapia e Terapia de xogos.
Minia Del Río Arca, acreditada en Mindfulness e Artes Expresivas.
Agardámoste o sábado 11 de outubro en: Rúa Pedregal, 4 – Bertamiráns (Oficina de XEA).
Compartimos imaxes de experiencias que xa temos realizado para familias…
#ConectandoFAMILIAS #LatexosenFAMILIA!
Solicita máis información sen compromiso… 617421276 / minia@latexosdeturismo.com