Latexos de turismo - Ir a Inicio

Peche con conclusións do #ForoTurismoCovid19

Hoxe quero compartir aquí neste espazo o vídeo coas conclusións e peche do Foro de Turismo da Coruña: #ForoTurismoCovid19. Unha das iniciativas máis produtivas que vin durante este tempo de confinamento e transición cara unha nova era para o turismo… que xa todos e todas temos ben claro.

O turismo sostible debe ser unha realidade, non un slogan, nin unha moda. Pero a maiores, débense cumprir e seguir unha serie de pautas, retos, desafíos… Seremos capaces dunha vez por todas?

  • Importancia, posta en valor da profesionalización
  • Dignificación dos profesionais do turismo
  • Planificación transversal imprescindible
  • Nova gobernanza
  • Cooperación e colaboración entre todos os axentes
  • Ser prescriptores, pasar á acción
  • Comunicación de destinos seguros (de verdade)
  • Investigación, importancia da Universidade
  • FITUR ??? Para que se vai??

«A medicina son os médicos, o turismo son os profesionais»– Carlos Rodríguez – UDC

Déixovos enlace para que vexades por vós mesmos! E logo, xa me contaredes…!

Ata o próximo latexo!

Scroll al inicio
Ir al contenido