Fill@s e maestros é un programa de experiencias creativas e de benestar dirixidas a familias.
Consiste en vivir experiencias para compartir tempo de calidade en familia e con outras familias. Serán os segundos sábados de mes polas tardes, de 18.00 h a 19.00 h en Bertamiráns.
Os PREZOS son:
18.00€ por día e por unidade familiar de ata 3 persoas (1 persoa adulta e dous menores, ou dous menores e unha adulta). Por persoa a maiores das 3, serían 5€ por día.
DESCONTO COMPRANDO ANTES Do 31/10/2025: 15,00€ por unidade familiar de ata tres membros. E tamén cos BONOS XEA (de 50€ pagas 40€)
As actividades irán variando cada mes, podendo ser en espazo interior/ exterior dependendo do tempo que faga. E contémplase a posibilidade de ir facendo noutros lugares exteriores en función da demanda das persoas asistentes.
As experiencias consisten na integración de técnicas de mindfulness e das artes expresivas:
1 – Introdución explicativa e presentación.
2- Traballo con artes plásticas (arxila, pasta de modelar, pinturas e teas…).
3 – Dinámicas de relaxación con palabras e movementos, meditación, contos a través de narracións conscientes, xogos…
4- Peche grupal para compartir.
Temas a traballar: creatividade, consciencia, benestar, xestión emocional
(+ info. sobre cada experiencia seguindo as ligazóns)
Novembro. 8/11/2025 – Samaín e Festa de Defuntos. Abrazamos os que xa non están con nós…
Decembro. 13/12/2025 – Yule e Nadal. Abrazamos o inverno…
Decembro. 30/12/2025 – Abrazamos o ano novo… coas nosas mellores intencións e desexos.
Conectando familias… #Latexosenfamilia
FACILITADORAS:
Minia, responsable da empresa organizadora da actividade e nai de Mateo, o meu maestro: quen me levou a iniciar este camiño de experiencias para FAMILIAS hai 7 anos. Podes saber máis sobre min en Linked In. Estou certificada en mindfulness e artes expresivas na natureza con Máster en “Consciencia y Ser”.
Paula, nai de Gael e de Éber, meus maestros. Son a facilitadora principal das actividades. Estou Licenciada en Belas Artes e acreditada en arteterapia e terapia de xogos. Dedícome a facilitar actividades de ocio e tempo libre coa base terapéutica das terapias naturais.
Agora mesmo XEA ten os Bonos de 50€ cos que pagas 40€ e regálanse 10€. Nós formamos parte dos establecementos asociados, polo que, se poderían mercar estes bonos para as nosas actividades.