Alguén pode pensar nun turismo sen fondo cultural? Porque turismo é cultura, dedico estas liñas a un proxecto prometedor.
A semana pasada tiven a ocasión de asistir á presentación dun libro; ou máis ben, dun proxecto, posto que “Vento e Chuvia” e moito máis ca un libro.
Un proxecto así, non podía ter umha presentación normal, como a que estamos acostumados. Foi, todo un espectáculo. A Igrexa da Universidade da USC, estaba totalmente ambientada e contextualizada para a ocasión: un lugar cheo de cadeiras divididas por un estreito corredor, rodeadas de paneis con bosquexos das ilustracións do libro; pois tal e como nos contou Manel Cráneo logo, foron bosquexos iniciais que non se corresponden coas ilustracións definitivas, posto que se foron completando e transformando a medida que se desenvolvía a propia historia do libro.

Ao fondo, podíase ver o altar transformado nun palco de representación teatral. Cunha luz tenue, e rodeados de Santos, o ambiente era ideal para contar historias de Deuses… E así foi. Logo da introdución oficial do libro e dos agradecementos, por parte de Marco García Quintela, Manuel Gago, e Manel Cráneo, puidemos escoitar unha serie de contos da man dos actores Soledad Felloza, Belen Costenla, Anabel Gago e Avelino González.
O libro, Vento e Chuvia, é moit máis ca un libro tal e como podemos ver na súa web. No libro virá un código o cal permitirá acceder a unha intranet da web que será todo un mundo paralelo. Haberá (creo lembrar) dúas historias inéditas, información sobre a elaboración do libro, dos sitios que visitaron, e incluso roteiros para descargar e poder facelos. E tamén conversas entre Manuel Gago e Manuel Cráneo!! (desexando escoitalas). Outra parte importante da web, é a parte didáctica, académica que desenvolverá a partir do ano que vén, no que haberá material para que a xente de Secundaria e posiblemente os máis pequenos podan aprender máis da Idade do Ferro, esa gran descoñecida.
Dicir, que foi toda unha experiencia, unha presentación PECULIAR e ORIXINAL. Dende o meu punto de vista, o libro é soamente unha pequena parte dun grande proxecto tal e como parece que será. Un libro é algo material, concreto; algo que normalmente remata cando chegas ó final (a non ser que teña máis partes e a historia continúe, claro). Pero Vento e chuvia non vai rematar no libro, senón que na parte da intranet teremos a posibilidade de estar en contacto os lectores e apaixonados destes Deuses da Idade do Ferro. Parte importante tamén, é a académica que desenvolverán cos estudantes, pois tal e como se comentou onte somos uns grandes descoñecidos da nosa cultura galega.
Para rematar, teremos que andar á procura de Manuel Gago, para que nos escriba uns códigos secretos e poder acceder a outra parte da web segreda…
Vento e Chuvia,
“Historias de deuses que viven, que nacen, choran, aman, sangran, viaxan de monte en bosque, e das illas ás costas“
Reue, Bandua, Nauia, Cossue…

Moitas grazas pola crónica! A verdade é que lle poñemos paixón pero tamén cerebro. Estamos convencidos de que o futuro da industria cultural pasa por apostar, cada vez máis, por proxectos transmedia como este que queremos facer.
Tengo pendiente mi reseña, me encantó la presentación, lo que se comentó sobre el libro, lo que significa esta publicación… todo, y está ya en mi lista navideña. Besos!