Latexos de turismo - Ir a Inicio

Brión unha historia que contar… as mámoas de Rañalonga

Resumen

Tertulia intimista de recuperación y puesta en valor del campo de mámoas de Rañalonga en Brión a partir del libro de Federico Silva Cobas: Nas raíces de Brión: AS MÁMOAS DE RAÑALONGA.

A chamada dun libro verde, maltratado polo tempo, e que me acompañou nunha etapa dura da miña vida, repousaba nun estante do cuarto acompañado doutros libros de Brión. Abrino, e non daba crédito ao que vían os meus ollos… un gran campo de mámoas en Rañalonga. ¿? Entre o lugar onde naceu meu pai Calo de Agrón)  e casa a aldea onde se criou (O Rial). Moi preto da aldea onde vive o autor dese libro: Federico Silva Cobas.  Causalidades… 

Veume á cabeza… Aquí había que facer algo! Como un día escoitei á xente de Bandín. Prendéronse as luces e aí naceu unha nova tertulia do ciclo #BrionUnhaHistoriaquecontar. 

Quería gritar ao mundo que Brión agocha un gran campo de mámoas na panza da mariposa, como di o amigo Luciano, imprescindible compañeiro nesta batalla. Puxemos forma, falamos con Federico, e o resto… veu só. 

A resposta foi clara cando se solicitou colaboración para retomar o gran proxecto de vida de Federico Silva a Mariña, Carme… e ao herdeiro do seu legado: Alejandro Negreira. Que coa súa esquisita sensibilidade onte de maneira maxistral, foi quen de transmitir o seu coñecemento chegando ao corazón das persoas que o escoitabann. A todos, grazas!

Pero o universo tíñanos reservadas sorpresas… a presenza do escritor e mestre (ao que admiro) Fernando Cabeza Quiles, quen ademáis, celebrou o seu 50+21 aniversario con nós. Corazón encollido cando o souben… ! E a participación do cantautor galego que pon voz aos latexos da NOSA terra: Manoele De Felisa

A tarde remataba no chan sagrado de Rañalonga cun grupo de case 30 persoas levando luz a ese sitio, que novamente, volve a BRILAR… os desexos positivos de todos nós guiados da man de Marga Chao, quedaron sementados alí, ao pé da Mámoa 19, na área territorial do Rial. Sobre ese gran Camiño Francés que vertebra a barriga de Brión

O día de onte, foi un agasallo do universo para facernos ver que A MAXIA SOMOS NÓS mesmos, coas nosas decisións e o noso (bo)  facer diario. 

A tod@s vos convido a UNIRNOS e a seguir a estrela que onte Manoele nos deixou e que traía da súa terra da infancia de Castrolandín… Segundo el mesmo nos compartiu, tiñan como mantra un poema de Roberto Blanco Torres e que para eles era esa estrela que os guiou no camiño de recuperación e posta en valor de Castrolandín en Cuntis. Hoxe, un lugar castrexo de referencia.  

SEGUIMOS!!  Seguiremos contando… #asmamoasderañalonga 

GRAZAS infinitas de corazón

Manoele De Felisa

Deja un comentario

Scroll al inicio
Ir al contenido