Latexos de turismo - Ir a Inicio

Historia e historias compartidas en Teo… Camiño de Santiago

Resumen

Un evento cultural para reflexionar sobre o poder transformador que ten o Camiño de Santiago. Persoas con diferentes perfís, comunidade local, e asistentes... achegaranse á maxia do Camiño.

xr:d:DAGB8 E4ANY:10,j:6645485640091407993,t:24041002

O Concello de Teo organiza o próximo sábado 13 de abril, un evento cultural, co que…  andaremos un camiño en Teo cunha morea de persoas…

Logo da acollida por parte da Alcaldesa Lucía Calvo de la Uz, e do recibimento do pai do Camiño de Santiago, D. V.M. Vázquez Portomeñe, conectaremos co franciscano Paco Castro en O Cebreiro, e co poeta galego e mariñeiro Alexandre Nerium no seu Finisterrae galego.


Nunha tertulia moderada por José Manuel García, estarán presentes o experto no camiño Xosé Santos (USC), a antropóloga Ana Filgueiras Rei, a Asociación Codeseda Viva e persoas da comunidade local como Miguel Peteiro, Daniel Pernas... para falar… do poder transformador do Camiño de Santiago.E compartiremos o tesouro que ten Galicia para contar… con Teo e co mundo… da man do cantautor Manoele De Felisa.

Entre todos, falaremos da maxia da NOSA terra.

programa-tertulia-camino-de-santiago-Teo
Scroll al inicio
Ir al contenido