Latexos de turismo - Ir a Inicio

Convite a entrar no mundo da maxia da lamprea… e de Herbón

Considérome unha apaixoada do mundo da lamprea. Dende que pisei as terras do Ullán sentín unha atracción por este SER máis aló do explicable con palabras. 

lamprea-padron-tertulia

Actualización post evento:

Grazas a Padrón Turismo, teño unha nova oportunidade de organizar unha actividade sobre a lamprea. Desta vez, unha nova Tertulia Clandestina (as terceiras) nun lugar cheio de misterio como é o Convento Franciscano de Herbón, que sempre nos acolle cos brazos abertos. Grazas. 

Unha actividade… que será un convite a abrir a mente e ver coa mirada dos corazóns… Entrando así no mundo da maxia que envolve este SER. 

Nunha primeira parte teremos unha charla informal onde un experto do mundo da lamprea, Miguel Piñeiro, autor do que para min é a «Biblia» da lamprea, falará sobre a cultura que a rodea e outras persoas da comunidade local de Herbón e Carcacía (Manuel Freire, Manuel Vidal, Veciños de Carcacía) aportarán as súas experiencias relacionadas coa lamprea en Padrón. A todos eles, GRAZAS. 

José Manuel García do programa Sí Radio Galicia, será o encargado de dirixir a tertulia onde os asistentes poderán participar tamén falando. 

Remataremos cunha visita á zona de captura de lamprea, as pesqueiras. Comparto un pequeno vídeo…

Xa sabedes! Anímovos a vir a Herbón o próximo sábado 26 de marzo a entrar no mundo máxico da lamprea… e de Herbón.

Inscricións: turismo@padron.gal /646 59 33 19. Ou tamén contactándome a min: 617 42 12 76.

Scroll al inicio
Ir al contenido